En abril do 2001, un grupo de emigrantes retornados de Suiza con esperiencias no traballo asociativo en diferentes centros galegos da emigracion, decidimos nun xantar de confraternidade na vila de Muxía, e dempois de falar das dificultades dos emigrnates na ida e no retorno, fundar unha asociación vinculada coa temática migrantil. Dous meses dempois tiñamos a asociación legalizada co nome de Asociación de Emigrantes Retornados, MARUSÍA.

Ainda tendo moita relación a emigración galega en Europa con Galiza, ao través de viaxes periódicas, o descoñecemento de moitas cousas importantes en temas burocráticos, de traballo, ou de nova integración fixeron nas nosas primeiras xuntanzas sacar casos que evidencian desinformación nos retornados. Pero dende un primeiro intre foron as queixas dos emigranates retornados con pensións de invalidez as que mais demandaron da nosa axuda, ao seren moitas destas pensións reducidas ou simplesmente retiradas, dempois dos informes que o INSS español, pola via dos Equipos de Valoración de Invalideces (EVI) envia a requiremento do goberno suizo, (donde o retornado cotizou) sen teren en conta as peculiaridades e os baremos que rixen na seguridade social helvética de por sí, a cada vez máis restrictivas, pero que é donde o retornado tiña a súa vida.

Vendo estes casos, alguns dramáticos, MARUSÍA empeza a informar deste problema nos medios de comuinicación a partires do mes de xullo do 2001, indicalles aos afectados os pasos a seguir e mesmo recurre xuridícamente alguns casos. Así pois convoca a primeira xuntanza cos afectados polas pensións de invalidez o sábado 20 de xullo do 2001, coa asistencia de 35 persoas e das que 14 padecían este problema.

O día 3 de outubro do 2001, demandamos unha entrevista co conselleiro de sanidade, señor Henández Cochon, para expoñerlle os nosos pontos de vista, esta entrevista foinos concedida o 30 de abril do 2002, a que asistiron por parte da asociación, Fernando Mosquera, como socio afectado e Manuel Domínguez, como presidente.

Seguimos informando na prensa e, xente implicada de Suiza nesta problemática empeza tamén a facerse eco en medios de comunicación do que acontece con este tipo de pensionistas e moitos póñense en contacto con MARUSÍA.

O día 8 de decembro do 2001, vendo a cada vez máis chamadas de  novos  afectados convocamos  unha  xuntanza a que asisten mais de 40 persoas na que o tema de principal preocupación son as pensións de invalidez, pero tamén, o seguro complementario da vellez, convalidacións de estudos dos fillos, declaración de rentas, cartilla sanitaria etc.

Nesta dinámica reivindicativa os grupos parlamentarios do BLOQUE e do PSOE en Madrid, fan preguntas no Congreso e presentan proposicións non de lei co fin de resolver estes problemas dos emigrantes retornados.

En outubro de 2002 Marusía ten unha xuntanza co EVI da Coruña, para expoñerlle as súas queixas e consegue de xeito verval algunha mellora, pero na realidade continúan os  casos de requiremento xudicial ante situacións verdadeiramente inxustas. De novo o máis feble é o que paga as crises. Marusía tamén é membro do Foro Galego de Inmigración e Emigración.

Como tamén temos dereito ao lecer, tamén organizamos un xantar anual de confraternidade con diferentes actividades que acompañan ese día. A maiores facemos unha actividade anual, cultural e recreativa, con algún tema que aprofundice o coñecemento da nosa historia socio-cultural para mellor comprender, a viaxe da IDA, e sobre todo, darlle sentido a de VOLTA a Terra.