Comprácenos darlle a benvida ao sitio web da Asociación de Emigrantes Retornados, Marusía. Dende o ano 2.001 a nosa asociación mantén o firme e decidido compromiso de afirmarnos, divulgando a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, historia, cultura ou costumes galegas entre os nosos socios e as novas xeracións.

O noso portal nace no marco do proxecto GaliciaAberta, comunidade virtual da emigración da que formamos parte.

Neste espazo, poderá atopar información sobre a nosa historia, as nosas actividades, a situación das nosas instalacións ou calquera outro tipo de información de interese.

Se desexa enviarnos calquera consulta, dúbida ou suxestión poderá realizala a través do enderezo  asociacion.marusia@gmail.com

Por último, invitámolo tamén a participar en GaliciaAberta, a través das ferramentas de comunidade dispoñibles, como foros, enquisas, axenda, etc.