A Asociaciòn Marusia celebrou o dia 16 de Xaneiro a sùa Asemblea xeral Ordinaria onde se acordou entre outras cousas, facer o xantar anual de confraternidade para o próximo día 25 de abril no Hotel Congreso en Montouto Teo, previamente haberá unha charla de información nunha sá do mesmo hotel a cargo dun letrado a quen os socios poderan plantexarlle as súas dúvidas, sobre as pensiòns e outras cuestiòns de orde xurìdico.
Tamén faremos na xornada do día 4 de setembro en Santiago de Compostela unha visita dentro da Catedral, a Capela das Reliquias, Panteón Real. Logo subiremos as cubertas da Catedral para botarlle unha ollada a tanta fermosura.
Despois da visita as cubertas, teremos un xantar para coller folgos e xa pola tarde faremos unha visita guiada polas rúas de Santiago.
Xa temos en marcha a pròxima Revista numero 5 que sairà alò polo vrao.
Santiago de Compostela, 2 de Febreiro do 2010
O presidente: Manuel Domínguez
==================================================
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2.010
Estimado/a Amigo/a:
MARUSÍA ten o pracer de comunicarche que o próximo domingo día 25 de abrilterá lugar no Hotel Congreso, Cacheiras concello de Teo, o xantar anual de confraternidade da Asociación.
Contararemos antes do xantar coa presencia dos letrados, Petra Beck e Xosé Calvo, que nos falarán de cuestións xurídicas e dereitos dos retornados polo que convén estar as 12 h. no Hotel, para que as 14 h. se poida ir servindo o xantar.
Dicirvos tamén que podedes estar acompañados por outros emigrantes retornados familiares ou amigos. Pedimos, iso sí, que vos anotedes a ser posíbel, antes do xoves 22 de abril, chamando ao tlf. de Marusía arriba indicado.
O menú será o seguinte:
Empanada
2 Vieiras
Terneira Asada a Primavera
Semifrio Xelado
Viño branco e tinto Xanarte
Agua e Cafés.
O prezo será de 15 euros que se aboará perante o xantar
Para informarción dos que non asistiron a Asemblea do pasado día 16 de xaneiro, na que barallamos o día da próxima saída de Marusía, dicirvos que terá lugar o próximo día 4 de setembro, marcade xá os vosos calendarios porque será un día especial, para profundizar no coñecemento de Santiago de Compostela:
Coa visita á Capela dos Reises de Galiza, e tamén, ás cubertas-tellados da Catedral, isto será pola mañá.
Logo teremos un xantar nun restaurante de Santiago, e xa pola tarde, faremos unha visita pola cidade que nos será guiada pola arqueóloga, Ana Filgueiras, coñecedora da vida e historia da Compostela antiga sobre a que ten feitos traballos de antropoloxia. Teredes información máis precisa por correo cando nos vaiamos achegando a data do 4 de setembro.
Recibe un saúdo de confraternidade
O presidente: Manuel Domínguez
=============================================
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2010
Estimado/a Amigo/a.
Corno xa vos informamos na anterior carta para o xantar anual de Marusía, lembramos nesta, que imos manter a data do próximo SÀBADO DIA 4 DE SETEMBRO, para facer a visita a Capela dos Reis e as Cubertas da Catedral. Estas visitas rematarémolas pola mañán, e logo xantaremos nun restaurante do centro da Cidade.
Ao remate do xantar teremos unha visita guiada por Compostela coa arqueóloga, Ana Filgueiras, coñecedora da vida e historia da cidade antiga sobre a que ten feitos traballos de antropoloxia e que nos dará unha visión, tamén detallada, de cómo se vivia e da importancia social cultural e política da capital galega en diferentes épocas.
O ponto de encontro terá lugar na praza do Obradoiro, perto do Hostal dos Reis Católicos, as 9,30 horas.
Para anotarse chamar ao Tif. arriva indicado, antes do 15 de agosto.
Confiamos en que o bo tempo nos acompañe, pero a visita facémola igual aínda que a meteoroloxía nos fixera o boicot xa que o ingreso ao arzobispado debémolo facer “relixiosamente”, unha semana antes. Trair calzado cómodo e, en caso de orballo, un chubasqueiro.
O prezo todo comprendido será de 20 €
Recibe un saúdo de confraternidad
O secretario: Xosé Lois
==================================================